Paquetes de datos
O servizo xeral de paquetes de radio (GPRS) é un servizo de rede que permite aos
teléfonos móbiles enviar e recibir datos pola rede baseándose no protocolo IP da
Internet.
Para definir como empregar o servizo, seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectividade
>
Paquetes de datos
>
Conex. paq. datos
e escolla entre as seguintes
opcións:
Se cómpre — Permite establecer unha conexión de paquetes de datos cando a precisa
unha aplicación. Cando se pecha a aplicación, péchase a conexión.
Sempre en liña — Permite conectarse automaticamente a unha rede de paquetes de
datos ao acender o dispositivo.
Pode usar o dispositivo como un módem conectándoo a un ordenador compatible
mediante a tecnoloxía Bluetooth. Para obter máis detalles, consulte a documentación
de Nokia PC Suite.