Nokia X2 00 - Tecnoloxía inalámbrica Bluetooth

background image

Tecnoloxía inalámbrica Bluetooth

A tecnoloxía Bluetooth permite conectar o dispositivo mediante ondas de radio a un

dispositivo Bluetooth compatible situado a unha distancia de ata 10 metros.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2,1 + EDR que admite os

seguintes perfís: acceso xenérico, acceso á rede, control, mans libres, auricular,

transferencia de obxectos, transferencia de ficheiros, redes de marcación telefónica,

acceso á SIM e porto de serie . Para asegurar a interoperabilidade con outros dispositivos

que dispoñan de tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia homologados para este

modelo. Póñase en contacto cos fabricantes dos outros dispositivos para obter

información sobre a compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e

reducen a duración da batería.
Se o dispositivo sen fíos está en modo SIM remoto, só poderá utilizar un accesorio

conectado compatible, como un kit de automóbil, para efectuar ou recibir chamadas.
O dispositivo sen fíos non efectuará ningunha chamada, excepto aos números de

emerxencia programados no dispositivo, cando se atope en modo SIM remoto.
Para efectuar chamadas, primeiro deberá abandonar o modo SIM remoto. Se se

bloqueou o dispositivo, primeiro insira o código de bloqueo para desbloquealo.

Configuración 27

background image

Apertura dunha conexión Bluetooth

1 Seleccione

Menú

>

Axustes

>

Conectividade

>

Bluetooth

.

2 Seleccione

Nome do meu tlf.

e insira un nome para o seu dispositivo.

3 Para activar a conectividade Bluetooth, seleccione

Bluetooth

>

Activado

. indica

que a conectividade Bluetooth está activa.

4 Para conectar o dispositivo a un accesorio de son, seleccione

Conex. a acc. audio

e o accesorio.

5 Para emparellar o dispositivo con calquera dispositivo Bluetooth que se atope

dentro do alcance, seleccione

Disposit. vinculados

>

Engadir novo disp.

.

6 Desprácese ata un dispositivo atopado e seleccione

Engadir

.

7 Insira un código (de ata 16 caracteres) no dispositivo e estableza a conexión co

outro dispositivo Bluetooth.

Utilizar o dispositivo en modo oculto é un modo máis seguro de evitar o software

daniño. Non acepte conexións Bluetooth de fontes non fiables. Se o prefire, desactive a

función Bluetooth. Isto non afecta ás demais funcións do dispositivo.
Conexión do ordenador á Internet

É posible empregar a tecnoloxía Bluetooth para conectar un ordenador compatible á

Internet. O dispositivo debe poder conectarse á Internet (servizo de rede) e o ordenador

debe ser compatible coa tecnoloxía Bluetooth. Unha vez establecida a conexión co

servizo de punto de acceso á rede (NAP) do dispositivo e de emparellar o mesmo co

ordenador, o dispositivo abrirá automaticamente unha conexión de paquetes de datos

á Internet.