Sincronización e copia de seguridade
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Sinc. e copia seg.
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Sincro. con Ovi — Permite sincronizar os seus datos persoais con Ovi. Antes de iniciar
a sincronización, cómpre configurar a súa conta Nokia. Seleccione
Conectar
e será
guiado a través do proceso de sincronización de datos. É posible que a dispoñibilidade
desta opción varíe.
Sincr. servidor — Permite sincronizar ou copiar os datos seleccionados entre o seu
dispositivo e un servidor de rede (servizo de rede).
Intercambio tlf. — Permite sincronizar ou copiar os datos seleccionados, por exemplo,
os seus contactos, entradas do calendario, notas ou mensaxes entre o seu e outro
dispositivo.
Crear copia seg. — Permite levar a cabo unha copia de seguridade dos datos
seleccionados.
Recup copia seg. — Permite restablecer os datos dunha copia de seguridade. Para
visualizar os detalles dun ficheiro de copia de seguridade, seleccione
Opcións
>
Detalles
.