MI Nokia Messaging
Mediante a mensaxería instantánea (MI) é posible conversar con outros usuarios
conectados mediante o dispositivo. Pode empregar unha conta existente para unha
comunidade de MI compatible co dispositivo. Se non se atopa rexistrado nun servizo de
MI, pode crear unha conta para un servizo de MI compatible mediante o ordenador ou
o dispositivo. É posible que os menús varíen en función do servizo de MI.
Para conectarse ao servizo, seleccione
Menú
>
Mensaxes
>
Máis
>
Mens. instant.
e
siga as instrucións.