Coidado do dispositivo
O dispositivo é un produto que dispón dun deseño e artesanía superiores e debe ser tratado con coidado. As seguintes suxestións
axudaranlle a conservar a cobertura da garantía.
•
Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares sucios e poeirentos, xa que poderían producirse danos nas súas pezas
móbiles e nos compoñentes electrónicos.
•
Non garde o dispositivo a temperaturas elevadas ou reducidas. As temperaturas elevadas poden reducir a vida útil dos
dispositivos electrónicos, danar as baterías e deformar ou derreter determinados plásticos. Cando o dispositivo regrese
á súa temperatura normal dunha temperatura reducida, é posible que se forme humidade no interior do mesmo e que
se produzan danos nas placas dos circuítos electrónicos.
•
Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ao indicado nesta guía.
•
Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un manexo brusco pode producir a rotura das placas dos circuítos e do
mecanismo interno.
•
Non utilice produtos químicos agresivos, disolventes de limpeza nin deterxentes concentrados para limpar o dispositivo.
Soamente utilice un pano suave, limpo e seco para limpar a superficie do dispositivo.
•
Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as pezas móbiles e impedir o funcionamento axeitado.
•
Utilice unicamente a antena de reposto fornecida ou unha autorizada polo fabricante. A utilización de antenas,
modificacións ou accesorios non autorizados pode danar o dispositivo e infrinxir a lexislación que regula o uso de
dispositivos de radio.
•
Utilice os cargadores en lugares interiores.
•
Cree unha copia de seguridade dos datos que desexe manter, como os contactos e as notas do calendario.
•
Para reiniciar o dispositivo de vez en cando para obter un rendemento óptimo, apágueo e retire a batería.
Estas suxestións aplícanse igualmente ao dispositivo, á batería, ao cargador ou a calquera accesorio.