Actualizar software mediante conexión polo aire
O fornecedor de servizos pode enviar actualizacións de software do dispositivo
mediante unha conexión polo aire directamente ao seu dispositivo (servizo de rede). É
posible que esta opción non se atope dispoñible dependendo do seu dispositivo.
A descarga de actualizacións de software pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos (servizo de rede).
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte o
cargador antes de iniciar a actualización.
Aviso:
Se instala unha actualización de software, non poderá utilizar o dispositivo, nin sequera
para efectuar chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e reiniciar o
dispositivo. Asegúrese de efectuar unha copia de seguridade dos datos antes de aceptar
a instalación dunha actualización.
Solicitar unha actualización de software
1 Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Actualizacións tlf.
.
2 Para visualizar a versión do software actual e comprobar se se precisa unha
actualización, seleccione
Detalles soft. actual
.
3 Seleccione
Descarg. software tlf.
e siga as instrucións.
Información xeral
7
4 Se se cancelou a instalación despois da descarga, para iniciar a instalación,
seleccione
Instalar actual. soft.
.
A actualización de software pode tardar varios minutos. Se ten problemas coa
instalación, contacte co seu fornecedor de servizos.