Asistencia técnica
Se desexa máis información acerca do uso e funcionamento do seu produto, visite
www.nokia.com/support. Se utiliza o seu teléfono móbil, visite www.nokia.mobi/
support.
Se así non se resolve o seu problema, tente unha das seguintes opcións:
•
Reinicie o teléfono: apague o teléfono e retire a batería. Pasado un minuto, volva
a colocar a batería e acenda o teléfono.
•
Restaure os axustes orixinais de fábrica.
•
Actualice o software do dispositivo.
Se continúa sen resolverse o problema, póñase en contacto con Nokia para obter
información acerca doutras opcións de reparación. Visite www.nokia.com/repair. Antes
de enviar a amañar o dispositivo, lembre facer unha copia de seguridade dos datos do
dispositivo.