Visitar Ovi
Ovi contén servizos fornecidos por Nokia. Mediante Ovi, é posible crear unha conta
de correo, compartir as súas imaxes e videoclips cos amigos e familia, planear viaxes e
ver localizacións nun mapa, descargar xogos, aplicacións, videoclips e tons no seu
dispositivo, e mercar música. É posible que os servizos dispoñibles varíen en función da
rexión, e non todos os idiomas son compatibles.
Para acceder aos servizos de Ovi, diríxase á páxina www.ovi.com e rexistre a súa propia
conta de Nokia.
Se desexa obter máis información acerca de como empregar os servizos, consulte as
páxinas de asistencia técnica de cada servizo.